← Volver atrás

Iglesias González, Antonio

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Teis, Vigo
- 03/04/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico e sindicalista, 21 anos. Veciño de Santa Cristina de Lavadores, Vigo. Axustador mecánico.

Militante da CNT e das Xuventudes Libertarias (XXLL). Pertencía ao Sindicato Metalúrxico de Vigo.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Cando se produce a sublevación militar participou na resistencia en Teis e Lavadores, en Vigo.

Despois foxe ao monte e intégrase no grupo de César Rosas Bermúdez.

O día 12/04/1937 os franquistas organizan unha batida en San Xoán do Monte, Vigo, na súa procura. Aos veciños que os protexían no Toural, José Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, arrestáronos e asasináronos nas inmediacións do Monte da Guía, en Teis.

O día 19/04/1937, por mor dunha delación, localizárono e asasinaron os seus compañeiros de partida Olegario Collazo Lago, Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas en San Xoán do Monte.

Na data do 03/04/1939 e cando se refuxiaba con César Rosas na casa de Lucía Domínguez Eiroa, no Toural, acurralounos a Garda Civil e remataron os dous por suicidarse.

Morte rexistrada en Vigo por mor dunha hemorraxia interna.

O seu cadáver apareceu no Toural, San Salvador de Teis.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha