Nacemento:
Morte:
Fogueiro, 33 anos. Casado con Ángela Iglesias Rebollar; tiñan dous fillos: José (catro anos) e Eliseo (dous anos). Veciños do Toural, San Salvador de Teis, Vigo. Traballaba nunha draga no Porto de Vigo. Ángela e José eran de confesión evanxélica.
Paseado.
Os golpistas acusáronos de protexer a persoas perseguidas polo novo réxime, aos que lles brindaban refuxio e apoio.
Na noite do 11 de abril de 1937 os franquistas organizan unha batida en San Xoán do Monte, Vigo, na procura dos fuxidos Antonio Iglesias González e César Rosas Bermúdez. Aos veciños que os protexían, José Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, detivéronos e asasináronos nas inmediacións do Monte da Guía, en Teis. Asaltaron e saquearon o seu domicilio do Toural, queimaron os seus bens e incautáronse dunha máquina de coser.
Morte rexistrada en Vigo a causa de lesións por arma de fogo; disparáronos polas costas.
O seu cadáver apareceu na Capela da Guía, en Teis.
Asasinado xunto coa súa dona, Ángela Iglesias Rebollar. Aos seus fillos José e Eliseo separáronos, vivindo o primeiro coa familia materna e o segundo coa paterna. Deixaron de verse e non se encontraron ata 1976. Ángela e José esperaban o seu terceiro fillo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.