Nacemento:
Morte:
Tiña 23 anos. Casada en 1941 co médico Francisco Comesaña Rendo, Paquito. Veciños de Ordes. Eran 12 irmáns. En 1921 morre o seu pai. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña), onde no ano 1931 coñece e namórase do comunista Francisco Comesaña, orixinario de Tui,. Francisco, que estudaba Medicina, era presidente das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) de Santiago de Compostela.
Exiliada.
Despois do golpe rebelde a Francisco prendérono en Ordes no mes de decembro e condenárono á pena de morte con outras 11 persoas desa localidade. Acusárono de comunista activo e por “alterador mediante as verbas das masas”. Liberouse da morte por ser de orixe cubana e pola campaña nos medios que Choncha e Rosario, nai de Francisco, foron quen de organizar e estender a nivel mundial en apoio do “médico cubano”. A pena conmutáronlla pola de cadea perpetua e unha sanción de 500.000 pesetas; aos seus 11 compañeiros de Ordes fusiláronos o día 11/02/1937.
Casaron por poderes en 1941, cando Francisco se atopaba no penal sanitario do campo de concentración de Portaceli, Serra (Valencia). O seu home pasou polos cárceres de Santiago de Compostela, A Coruña, Valencia e Vigo (Pontevedra) e, no ano 1944, puxérono en liberdade condicional, despois dunha revisión do seu expediente e a conmutación da pena de cadea perpetua pola de seis anos e un día. Como xa levaba oito anos na cadea, liberárono.
A finais de 1944, Francisco e Choncha exiliáronse na Habana (Cuba), a onde chegaron no Marqués de Comillas; alí fixeron campaña contra do Réxime. Anos máis tarde trasládanse a vivir a México. O matrimonio milita no Partido Comunista.
Volveron a Tui en 1976, despois da morte de Franco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.