Nacemento:
Morte:
Médico e político, 23 anos. Casou con Ascensión Concheiro García, Choncha, por poderes en 1941, cando se achaba no sanatorio do campo de concentración de Portaceli, Serra (Valencia); coñecéranse cando eran estudantes en Santiago de Compostela (A Coruña). Veciños de Tui. Fillo de emigrantes galegos en Cuba, regresou a Galicia no ano 1919. Estudou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Militou nas Xuventudes Socialistas (XXSS) e, despois da unificación, foi presidente das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) en Santiago de Compostela.
Encarcerado. Sancionado. Exiliado.
Cando se produce o golpe dos sublevados participou na defensa republicana en Ordes (A Coruña).
Prendérono os revoltosos en Ordes en decembro de 1936 con 11 compañeiros e internárono na cadea da Falcona, nos baixos do Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 22/12/1936 polo delito de rebelión militar, comunismo activo e “alterador mediante as súas verbas das masas”, na causa 230/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Procesado con outros 19 veciños de Ordes.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua por ter a cidadanía cubana; concedéronlle o indulto o día 11/02/1937, data na que fusilaron aos seus compañeiros.
Neste xuízo foi testemuña María de la Concepción Castroviejo Blanco-Cicerón, quen fuxiu ao día seguinte e marchou para o exilio.
Sancionado por responsabilidades políticas cunha multa mancomunada de 500.000 pesetas.
Preso na Falcona (onde o maltrataron), na Prisión Provincial da Coruña ata 1939, logo no Penal Sanitario do campo de concentración de Portaceli e finalmente en Vigo (Pontevedra), a onde o trasladan en 1941 para reunilo co resto dos presos cubanos.
Na súa estadía no cárcere da Coruña afiliouse ao PCE.
Pola presión internacional en favor do “Médico cubano”, que organizaron a sua dona Choncha e a súa nai Rosario, conseguiron que a pena de morte lla conmutaran pola de cadea perpetua pola súa condición de cidadán cubano. Despois dunha revisión do seu expediente, a pena de cadea perpetua conmutárona pola de seis anos e un día de prisión menor.
Como xa levaba case que sete anos na cadea, liberárono o día 13/08/1943.
Cando quedou en liberdade prestou axuda como médico a escapados e guerrilleiros antifranquistas, o que supoñía un serio perigo para a súa vida, polo que a súa dona, que estaba en estado, convenceuno para marchar ao exilio.
Exiliado coa súa muller na Habana (Cuba) no ano 1944, onde chegaron no Marqués de Comillas, e logo en México.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela na causa 160/45.
O tribunal militar condenou á pena de cadea perpetua a: Jesús Calvo Martínez, Germán Doval García, Tomás Iglesias N. e Juan Ríos García. Tamén procesaron a: Francisco Comesaña Rendo, José García Fernández, Salvador Grela Veiras, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, Manuel Ponte Pedreira, Manuel del Río Botana, Pedro del Río Caramelo, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; a moitos deles executáranos con anterioridade.
O matrimonio fixo campaña no exilio contra do Réxime e militaron no Partido Comunista. No ano 1947 residían en México.
Volveron de xeito definitivo a Tui no ano 1976, despois da morte de Franco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.