← Volver atrás

Río Pampín, Manuel del

Alcume: o Carteiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Executado

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 08/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carteiro e político, 28 anos. Casou en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) no ano 1930 con Milagros Rodríguez Maroño; tiñan tres dillos e unha filla: Manuel, Pedro, Aida e Julio. Veciños de Ordes. Carteiro de Ordes desde 1931. Irmán de José del Río Pampín, tamén fusilado o mesmo día.

Era un dos líderes do PSOE en Ordes e dirixente da Fronte Popular (FP).

Depurado. Executado.

Formou parte do Comité de Defensa da República en Ordes ao producirse a sublevación militar, prendérono os franquistas e ingresárono na cadea de Ordes.

En agosto de 1936 cesárono como empregado de Correos.

Xulgado o día 22/12/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polos delitos de traizón e de rebelión militar, na causa 230/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Condenaron á pena de morte neste xuízo a: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, José García Fernández, José de la Iglesia Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; castigaron a cadea perpetua a Salvador Grela Veiras e a 12 anos e un día a Manuel del Río Botana.

A todos eles se lles impuxo unha multa mancomunada de 500.000 pesetas.

Fusilado no cemiterio de Boisaca con outros dez veciños de Ordes.

O día 08/02/1937 fusilaron no cemiterio de Boisaca a 11 veciños de Ordes, sentenciados á pena de morte neste xuízo: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, mestre; José García Fernández, mestre; José de la Iglesia Vilariño, labrego; Manuel Moure Rey, labrego; Andrés Nogareda, xornaleiro; Paulino Pérez García, mecanógrafo; José Pérez Sanmartín, latoeiro; os irmáns José del Río Pampín, barbeiro, e Manuel del Río Pampín, carteiro; José Vázquez Mandayo, xornaleiro, e Benito Vilariño Liste, xornaleiro.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña), na causa 160/45.

O tribunal militar condenou á pena de cadea perpetua a: Jesús Calvo Martínez, Germán Doval García, Tomás Iglesias N. e Juan Ríos García. Tamén procesaron a: Francisco Comesaña Rendo, José García Fernández, Salvador Grela Veiras, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, Manuel Ponte Pedreira, Manuel del Río Botana, Pedro del Río Caramelo, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; a moitos deles executáranos con anterioridade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.