← Volver atrás

Río Caramelo, Pedro del

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Ferreiro e político, 42 anos. Casou no ano 1922 con Manuela Calviño Fraga; tiveron catro fillos e unha filla: Gabriel, Paz, José, Manuel e Antonio. Veciños de Ordes. Fiscal municipal de Ordes nos anos vinte. En 1929 nomeárono axente executivo de cédulas persoais do Partido de Ordes. Dono dun salón en Ordes, no ano 1926 abriu o Café y Bar Pedro.

Logo do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións municipais de marzo de 1936, elixírono concelleiro de Ordes por Esquerda Republicana (ER) e nomeárono 1º tenente de alcalde. Desenvolvía o cargo de alcalde, por ausencia do titular, cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Ordes de 1936, entre outras persoas, a: José Areoso Vieites, encarcerado Jesús Liste Remuiñán, exiliado; Juan Ríos García, encarcerado; Pedro Álvarez Sánchez, sancionado.

Encarcerado.

Os fascistas prendérono despois do alzamento militar.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 22/12/1936 polo delito de rebelión na causa 230/36.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 22/12/1936 polo delito de traizón, na causa 380/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O tribunal xulgador condenou á pena de morte a Adonis Morón Silva; castigaron a cadea perpetua a: Ramón Díaz González, José-Ramón Lagares García, Pedro del Río Caramelo e Jesús Sánchez Rodríguez; penas de 15 anos de cadea para: Manuel Mella Sánchez, Andrés Seoane Seijas e Antonio Uzal Gaudeoso; 12 anos e un día de cadea para: Ramón Bra Rioboo, Manuel Cernadas Ares, Antonio Gómez Carneiro e Manuel Sanjurjo Manteiga; privación de liberdade por oito anos e un día para José Sousa Hermida; auto de absolución para Pedro Lago Sánchez; declararon fuxidos a: Andrés López Suárez, José Mosquera Rodríguez e Vicente Ramos Iglesias. Tamén procesaron a: Benigno Andrade García, José Pérez Sanmartín, Ricardo Sánchez Rivas, Vicente Suárez Botana e Ángel Villaverde Bello.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

A Comisión Provincial de Incautación de Bens ábrelle expediente de responsabilidades políticas en abril de 1938.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 151 do día 31/05/1941.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela, na causa 160/45.

O tribunal militar condenou á pena de cadea perpetua a: Jesús Calvo Martínez, Germán Doval García, Tomás Iglesias N. e Juan Ríos García. Tamén procesaron a: Francisco Comesaña Rendo, José García Fernández, Salvador Grela Veiras, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, Manuel Ponte Pedreira, Manuel del Río Botana, Pedro del Río Caramelo, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; a moitos deles executáranos con anterioridade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.