Nacemento:
Morte:
Funcionario, político e sindicalista, 37 anos. Casado. Veciños de Santiago de Compostela. En 1936 era axente executivo de arbitrios no concello compostelá.
Membro da comisión organizadora do Partido Sindicalista (PS) de Santiago de Compostela en marzo de 1935, da que o elixiron vogal en maio.
Fuxido. Encarcerado. Depurado.
Saíu desde Santiago de Compostela á fronte dos obreiros que se dirixiron cara Ordes (A Coruña) na defensa da legalidade republicana.
Entre outubro de 1936 e o día 22/07/1937 permaneceu agochado na súa casa; descubrírono os franquistas nun rexistro.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela polo delito de rebelión, na causa 230/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 19/08/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 380/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
O tribunal xulgador condenou á pena de morte a Adonis Morón Silva; castigaron a cadea perpetua a: Ramón Díaz González, José-Ramón Lagares García, Pedro del Río Caramelo e Jesús Sánchez Rodríguez; penas de 15 anos de cadea para: Manuel Mella Sánchez, Andrés Seoane Seijas e Antonio Uzal Gaudeoso; 12 anos e un día de cadea para: Ramón Bra Rioboo, Manuel Cernadas Ares, Antonio Gómez Carneiro e Manuel Sanjurjo Manteiga; privación de liberdade por oito anos e un día para José Sousa Hermida; auto de absolución para Pedro Lago Sánchez; declararon fuxidos a: Andrés López Suárez, José Mosquera Rodríguez e Vicente Ramos Iglesias. Tamén procesaron a: Benigno Andrade García, José Pérez Sanmartín, Ricardo Sánchez Rivas, Vicente Suárez Botana e Ángel Villaverde Bello.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Indultado en marzo de 1938 por ser súbdito cubano.
Cesado como funcionario municipal, traballou como escribinte de cartas e documentos.
Abríronlle un expediente de responsabilidades civís en 1938 e por responsabilidades políticas en 1942.
Interno na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 230 do día 18/08/1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.