← Volver atrás

Díaz González, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Curtis
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego e político, 30 anos. Veciño do Outeiro, Santa María de Fisteus, Curtis.

Na etapa da II República, no ano 1936, era concelleiro de Curtis.

Tiña como compañeiros na Corporación de Curtis de 1936, entre outras persoas, a: Benjamín Núñez Sanmartín (alcalde), procesado e exiliado; José-Ramón Lagares García, encarcerado.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 380/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O tribunal xulgador condenou á pena de morte a Adonis Morón Silva; castigaron a cadea perpetua a: Ramón Díaz González, José-Ramón Lagares García, Pedro del Río Caramelo e Jesús Sánchez Rodríguez; penas de 15 anos de cadea para: Manuel Mella Sánchez, Andrés Seoane Seijas e Antonio Uzal Gaudeoso; 12 anos e un día de cadea para: Ramón Bra Rioboo, Manuel Cernadas Ares, Antonio Gómez Carneiro e Manuel Sanjurjo Manteiga; privación de liberdade por oito anos e un día para José Sousa Hermida; auto de absolución para Pedro Lago Sánchez; declararon fuxidos a: Andrés López Suárez, José Mosquera Rodríguez e Vicente Ramos Iglesias. Tamén procesaron a: Benigno Andrade García, José Pérez Sanmartín, Ricardo Sánchez Rivas, Vicente Suárez Botana e Ángel Villaverde Bello.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional provisoria o día 02/08/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha