← Volver atrás

Sánchez Rivas, Ricardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

San Lorenzo de Olas, Mesía
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Escritor e político, 31 anos. Veciño de Mesía (A Coruña). Aprobou as oposicións para secretarios de xulgados municipais en maio de 1935. Oficial interino da secretaría do Concello de Mesía.

Tenente de alcalde do Concello de Mesía.

Encarcerado. Exiliado.

Presidente do Comité de Defensa da República de Mesía pola ausencia do alcalde; neste concello non houbo ningún tipo de altercado no desenvolvemento do alzamento militar.

Preso na cadea en Ordes (A Coruña), de onde o pretendían sacar para pasealo, consegue fuxir do cárcere e saír da Coruña o día 22/09/1936, no barco Monte Olivia, cara Bos Aires (República Arxentina) logo de ter falsificado o seu pasaporte.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 380/37.

O tribunal xulgador condenou á pena de morte a Adonis Morón Silva; castigaron a cadea perpetua a: Ramón Díaz González, José-Ramón Lagares García, Pedro del Río Caramelo e Jesús Sánchez Rodríguez; penas de 15 anos de cadea para: Manuel Mella Sánchez, Andrés Seoane Seijas e Antonio Uzal Gaudeoso; 12 anos e un día de cadea para: Ramón Bra Rioboo, Manuel Cernadas Ares, Antonio Gómez Carneiro e Manuel Sanjurjo Manteiga; privación de liberdade por oito anos e un día para José Sousa Hermida; auto de absolución para Pedro Lago Sánchez; declararon fuxidos a: Andrés López Suárez, José Mosquera Rodríguez e Vicente Ramos Iglesias. Tamén procesaron a: Benigno Andrade García, José Pérez Sanmartín, Ricardo Sánchez Rivas, Vicente Suárez Botana e Ángel Villaverde Bello.

A Comisión Provincial de Incautación de Bens ábrelle un expediente des responsabilidades civís no mes de abril de 1938.

En outubro de 1940 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña condenouno en rebeldía a cinco anos de inhabilitación e 250 pesetas de multa.

No exilio arxentino colaborou con varios xornais. No ano 1950 fundou e dirixiu a revista La Antorcha.

Relatou estas experiencias no libro El mundo del mañana (1963).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha