← Volver atrás

Moure Rey, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Sar, Santa María de Ordes, Ordes
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 08/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e labrego, 27 anos. Tivo unha filla: Concepción, que non leva o seu apelido por que o executaron pouco antes de casar. Veciño de Sar.

Executado.

Xulgado o día 22/12/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polos delitos de traizón e de rebelión militar, na causa 230/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Condenaron á pena de morte neste xuízo a: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, José García Fernández, José de la Iglesia Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; castigaron a cadea perpetua a Salvador Grela Veiras e a 12 anos e un día a Manuel del Río Botana.

Fusilárono os golpistas no cemiterio de Boisaca.

No amencer do día 08/02/1937 asasinaron no cemiterio de Boisaca a once veciños de Ordes, sentenciados á pena de morte no dito xuízo; eran: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, mestre; José García Fernández, mestre; José de la Iglesia Vilariño, labrego; Manuel Moure Rey, labrego; Andrés Nogareda, xornaleiro; Paulino Pérez García, mecanógrafo; José Pérez Sanmartín, latoeiro; os irmáns José del Río Pampín, barbeiro, e Manuel del Río Pampín, carteiro; José Vázquez Mandayo, xornaleiro, e Benito Vilariño Liste, xornaleiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha