Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 26 anos. Veciño de Parada. Durante a II República exerceu como ensinante ou escolante, mestre do ferrado, dando clase na súa propia casa, no que se deu por denominar “escolas do ferrado”. A súa consigna era “máis escolas e menos igrexas”.
Membro do Sindicato Labrego Galego. Elixírono concelleiro de Ordes nas municipais de marzo de 1936 polo PSOE, dentro da coalición da Fronte Popular (FP), cargo que desenvolvía cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Ordes de 1936, entre outras persoas, a: Pedro del Río Caramelo, encarcerado; José Areoso Vieites, encarcerado; Juan Ríos García, encarcerado; Pedro Álvarez Sánchez, sancionado.
Fuxido. Exiliado.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Despois do triunfo dos sublevados perseguírono e mantívose seis anos escapado e agochado no monte; esta situación forzouno a marchar clandestinamente para Latinoamérica. Conseguiu fuxir, como mínimo unha vez, dos calabozos de Ordes. Volveu dez anos máis tarde.
Exiliado en Latinoamérica.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.