← Volver atrás

Doval García, Germán

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Carral
(A Coruña)
- 27/06/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Carral
- 05/12/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 30 anos. Casado con Concepción Castelo Fuentes. Veciños de Carral. Rematou a carreira de Maxisterio en 1927 na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestre substituto en 1927 en San Xián de Beba, Mazaricos (A Coruña) e mestre do Canedo, San Pedro de Ardemil, Ordes (A Coruña) desde 1933.

Militante de Esquerda Republicana (ER). Co triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, designárono alcalde de Ordes en substitución do médico dereitista Antonio Concheiro Iglesias, ocupando o cargo uns catro meses.

Fuxido. Depurado. Encarcerado.

Nos primeiros días da sublevación formáronse grupos de milicianos armados que mandaba o médico Alfonso-Antonio Alonso Puente. O día 21 de xullo cesa a resistencia nesta localidade fronte aos golpistas.

Despois do golpe dos rebeldes os sublevados destituírono do cargo de alcalde o día 14/09/1936.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela, na causa 230/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Depurárono como mestre nacional.

Andou fuxido e agochado ata 1945.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito der rebelión militar, na causa 160/45, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O tribunal militar condenou á pena de cadea perpetua a: Jesús Calvo Martínez, Germán Doval García, Tomás Iglesias N. e Juan Ríos García. Tamén procesaron a: Francisco Comesaña Rendo, José García Fernández, Salvador Grela Veiras, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, Manuel Ponte Pedreira, Manuel del Río Botana, Pedro del Río Caramelo, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; a moitos deles executáranos con anterioridade.

Tempo andado indultárono.

Era mestre de Visantoña (A Coruña) no ano 1962.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha