Nacemento:
Morte:
Mestre, 40 anos. Casou con Ramona Santos Carou. Veciños de Porto do Son (A Coruña). Mestre nacional da Escola de Nenos nº 1 de Porto do Son desde 1920.
Secretario de Esquerda Republicana (ER) e dirixente da Fronte Popular (FP) en Porto do Son.
Encarcerado. Depurado.
Prendérono despois do golpe de Estado fascista e ingresárono na cadea en Santiago de Compostela.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión, na causa 376/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Os franquistas abríronlle un expediente de depuración como mestre; suspendérono de emprego e soldo o 28/08/1936 e cesárono o 5 de setembro seguinte. En maio de 1940 separárono do servizo e dérono de baixa na escala de mestres.
Preso en Santiago de Compostela por dous anos.
Interno na Prisión Provincial da Coruña outros dous anos, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 263 do día 20/09/1941.
Incoáronlle un expediente por responsabilidades políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.