← Volver atrás

Santos Carou, Ramona

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou co mestre nacional Antonio Conde Asperot. Veciños de Porto do Son (A Coruña). O seu home era mestre nacional da Escola de Nenos nº 1 de Porto do Son desde 1920, secretario de Esquerda Republicana (ER) e dirixente da Fronte Popular (FP) en Porto do Son.

Vítima colateral.

A Antonio prendérono despois do golpe de Estado fascista e ingresárono na cadea en Santiago de Compostela; xulgárono e condenárono a cadea perpetua; abríronlle un expediente de depuración como mestre; suspendérono de emprego e soldo o 28/08/1936 e cesárono o 5 de setembro seguinte.

O seu home estivo preso en Santiago de Compostela por dous anos e outros dos na Prisión Provincial da Coruña, onde publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 263 do día 20/09/1941.

A Conde Asperot incoáronlle un expediente por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha