Nacemento:
Morte:
Militar, 58 anos. Casado no ano 1911 con Regina Ulloa Vázquez. Ingresou no Exército en 1895 na rama de Artillería. Veterano da Guerra de Marrocos, onde ascende a comandante por méritos de guerra. Profesor na Academia de Artillería de Segovia no curso 1920/21 co grao de comandante. En 1931 era tenente coronel no Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica na praza da Coruña, onde ascende a coronel o día 30/12/1935. O día 02/06/1936 accede ao mando do Rexemento de Artillería de Costa nº 2 en Ferrol (A Coruña), relevando ao coronel José Franco Mussió.
Golpista.
Cando se produce o golpe dos sublevados estaba de vacacións na Coruña; deixara o mando do rexemento ao seu segundo, o tenente coronel José Fano Díaz, que pronto se puxo do lado dos rebeldes. O día 19 de xullo reincorporouse ao seu posto.
As cousas en Ferrol complícanse cando a catro tenentes, que chegaran para facer prácticas, arrestounos a policía local ferrolá despois dun altercado con xentes das esquerdas. Corsanego toma partido e envía forzas do seu rexemento para liberar aos tenentes detidos. Ponse ás ordes dos sublevados e comezan os enfrontamentos nas rúas da cidade de Ferrol. As forzas ao seu mando participan na maioría das accións en Ferrol dos días 20 ao 22 de xullo para a toma da cidade polos sublevados.
Formou parte de diferentes tribunais nos consellos de guerra posteriores ao alzamento, entre eles desprazárono a León para participar no que xulgaba ao capitán Juan Rodríguez Lozano e outros cinco oficiais desafectos, todos condenados a morte e executados. Rodríguez Lozano era o avó do despois socialista e presidente do Goberno José-Luis Rodríguez Zapatero.
Tamén participou polo menos en cinco consellos de guerra na Coruña e no consello de guerra contra o coronel José Franco Mussió, xefe da Fábrica de Armas de Trubia, Oviedo (Principado de Asturias) e que fora o mando ao que substituíra no mando do Rexemento de Artillería de Costa nº 2. Mussió faleceu por fusilamento.
O día 30/09/1939 nomeárono de xeito provisorio comandante xeneral de Artillería do VIII Corpo de Exército de Estremadura.
Retirouse como coronel na Coruña en xuño de 1940, aos 62 anos. Semella que as súas descomenencias con Franco impediron o seu ascenso ao xeneralato.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.