Nacemento:
Morte:
Militar, 57 anos. Casado. Participou nas campañas de Marrocos entre 1910 e 1926. En 1924 era tenente coronel de Artillería.
Coa proclamación da II República en 1931 prometeu servir con fidelidade o sistema republicano. Acadou o grao de coronel en 1932 e tivo, entre outros destinos, o de xefe do Rexemento de Artillería de Costa nº 2, en Ferrol (A Coruña), no ano 1933. Relevado deste mando o día 02/06/1936 polo coronel de Artillería Antonio Corsanego Wauters-Horcasitas, quen logo se uniría aos golpistas.
Republicano das dereitas.
Executado. Sancionado.
Cando se produce o golpe de Estado era coronel e director da Fábrica de Armas de Trubia, Oviedo (Principado de Asturias), destino que desenvolvía desde 1935. Cando o coronel rebelde Antonio Aranda Mata o chamou desde Oviedo para sumarse aos sublevados, Mussió amosouse reticente e a fábrica de Trubia mantívose leal á República. Aranda prometéralle uns días antes que el tamén permanecería fiel ao goberno republicano.
Dentro das filas republicanas houbo moitos que opinaban e o acusaban de simpatizar cos rebeldes, especialmente desde o sector do PCE, opinión que comparte Paul Preston (historiador británico). Certo é que nun principio negouse á entrega de armas aos obreiros e milicianos. Na primavera de 1937 procesárono as autoridades republicanas por estes motivos co resultado de absolución. Entre 1936 e 1937, a pesares do bloqueo e das dificultades, seguiron a fabricar armas. Desenvolveu diversos mandos militares e postos administrativos no Principado de Asturias.
Cando se aproximaban as forzas franquistas negociou con eles a entrega da fábrica de armas e rendeuse, pese a que as autoridades republicanas lle ordenaran a destrución das instalacións.
A pesares das ofertas republicanas para que abandonara o Principado de Asturias coa súa familia no pesqueiro Mary Carmen, preferiu quedarse que regresar á zona republicana. Apresárono os rebeldes.
Xulgado en consello de guerra en Oviedo o día 08/11/1937 polo delito de traizón á patria, con outros sete militares republicanos, co resultado de sentenza á pena de morte.
Os fascistas embargáronlle todos os seus bens mobles e inmobles; degradárono.
Non se sumou á sublevación e o seu “amigo”, o entón coronel Antonio Aranda Mata, acusouno no seu procesamento de non cumprir as súas ordes de voar os transformadores da fábrica e de poñela nas mans dos marxistas, así como de construír armas que se ían empregar contra o Movimiento.
Traizoado por Aranda, asumiu toda a responsabilidade para salvar aos seus oficiais. No seu consello de guerra volveu cruzarse co coronel Antonio Corsanego Wauters-Horcasitas, quen formaba parte do tribunal que o ía condenar a morte.
Fusilárono o domingo 14 de agosto preto do estadio de fútbol de Oviedo cos outros sete compañeiros.
Ao seu fillo José Franco Soto tamén o fusilarían os golpistas en Santander (Cantabria) catro días despois do asasinato do seu pai.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.