← Volver atrás

Couceiro Gómez, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro, 54 anos. Casado con María Raposo Cruz; tiveron cinco fillos e unha filla: Raúl, Horacio, Luis Germinal, Florinda e Raquel (varón). Veciños da rúa da Estrella, 47 baixo, na Coruña, viviron nas rúas da Torre, Estrela, Marconi e, nos anos da República, na rúa Hércules. Tivo talleres de zapateiro nas rúas da Estrela e Fontán. Traballou como encargado en Electra Popular Coruñesa, propiedade de José Miñones Bernárdez, executado. A comezos de 1936 traballaba no seu taller de reparación de calzado na rúa Fontán.

Anarcosindicalista militante da CNT. Tesoureiro da Sociedade de Zapateiros en 1902/1903. En 1919 era un dos patróns no Gremio de Zapateiros. Dirixente do Centro de Estudos Sociais Germinal: tesoureiro en 1908-1909, secretario en 1914 e de 1916 a 1918; vogal en 1919 e presidente en 1923-1924, 1934 e de 1935 ata o remate da II República, cando sucedeu a Jacinto Méndez Esporín. Tiña como vicepresidente a Ángel Fernández Fernández. Presidente do Sindicato de Oficios Varios da Coruña no 1915, vencellado á CNT. Por mor das folgas de 1919 deportárono, con outros, a Baltanás (Palencia).

Durante a II República foi pro-autonomista e participou en varios mitins. Militou no Partido Sindicalista (PS) e posiblemente sería militante tamén do PSOE. Segundo testemuñas, presidiu o Liceo de Monelos.

Colaborador de La Voz de Galicia; en 1933 de Solidaridad Obrera e en 1936 de Solidaridad e de La Calle.

Encarcerado.

Benito figura nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se manifesta: “Entre los elementos considerados peligrosos para el Orden Público por sus ideas y actuación han sido detenidos y luego puestos en libertad entre otros de menor inportancia, los siguientes...”. Deixárono en liberdade e estivo baixo vixilancia policial.

Detivérono os fascistas sen procesamento xudicial e ingresárono na Prisión Provincial da Coruña; puxérono en liberdade e mantivérono vixiado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha