← Volver atrás

Cuadrado Moure, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Denia
(Alacante)
- 03/05/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 06/08/1998 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor, funcionario e político, 32 anos. Casou en Valencia con María del Amparo Alvajar López-Jean; tiveron unha filla: Silvia, que morreu ao pouco de nacer. O seu pai era mestre en Denia e, cando morre, a familia volveu coa nai a Galicia, xa que ela era natural de San Lourenzo da Agualada, Coristanco (A Coruña) e establecéronse en Santiago de Compostela (A Coruña). Rexentou a barraca-librería Niké. Funcionario do Concello de Santiago de Compostela. Secretario de Santiago Casares Quiroga.

Combateu contra a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Colaborou con El País Gallego, El Pueblo Gallego, Yunque, Política, El Sol, El Mercantil, entre outras publicacións.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e, co tempo, de Esquerda Republicana (ER).

Membro da masonería.

En xullo de 1936 elixírono para a presentación do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) diante das Cortes españolas.

Exiliado. Encarcerado.

O golpe dos militares rebeldes sorpréndeo en Madrid. Despois pasou a Valencia cando se trasladou o Goberno e alí casou; máis tarde, marchou coa súa dona a Barcelona.

Ao remate da guerra civil a parella exiliouse en Francia, onde o internaron nun campo de refuxiados, e, tempo andado, marcharon a Bos Aires co apoio de Pablo Neruda. No ano 1958 vivía en Montevideo (Uruguai); volveu a Bos Aires, onde finou. Participou na creación de varias editoriais.

Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo no ano 1940.

Finou en Bos Aires vítima dun paro cardíaco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha