Nacemento:
Morte:
Obreiro, 39 anos. Casado. Veciño de San Xoán de Ove, Ribadeo.
Encarcerado. Paseado.
Ingresado no depósito de Ribadeo o día 26/08/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 02/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 309/36, co resultado de sentenza a prisión. Proceso contra varios veciños de Ribadeo.
A sentenza condenou á pena de morte a: Fernando Bellón Fernández, Antonio Fernández Sánchez e Luciano Martínez Piñeiro; penas de cadea perpetua para: José Castaño Reimundo, Francisco Rodríguez Monteavaro e Luciano Rodríguez Monteavaro; tamén castigaron a prisión a José-Antonio Díaz Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Florencio Carballo Novigil, Santiago Fariña Reinante, Enrique Navarret García, José-María Torviso Fernández e Andrés Vale Blanco.
Impónselle unha multa mancomunada de 100.000 pesetas.
Os represores sacárono da cadea o día 1 de setembro para pasealo, pero logrou fuxir con dous tiros no ventre e agochouse en San Pedro de Argomoso, onde o denunciaron e logo asasinaron.
Morte rexistrada en Mondoñedo ás 21:00 h a causa de disparo de arma de fogo na caluga.
O seu cadáver apareceu no barrio das Prazas, San Pedro de Argomoso, Mondoñedo; soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Argomoso.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.