← Volver atrás

Díaz Hermida, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre. Casado con María Pérez Vilariño e cuñado do guerrilleiro Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, morto en enfrontamento.

Militante socialista.

Encarcerado.

Ángel traballou de xastre para a guerrilla antifranquista, da que tamén foi enlace.

Detido o día 29/08/1942, ingresárono na Prisión Provincial da Coruña, onde permaneceu ata o 29/01/1943 e, de alí, trasladárono a Alcalá de Henares (Madrid).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid, o día 03/11/1944, desterrárono a Guadalaxara.

Pasou polo penal de Ocaña e pola Prisión Provincial de Porlier (Madrid).

Puxérono en liberdade o día 04/06/1945.

O día 15/03/1948 detivérono por segunda vez e condenárono a cinco anos de prisión menor “por un delito continuado de prestar auxilio a los componentes de partidas armadas dedicadas al bandidaje”.

Excarcerárono o día 12/01/1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha