← Volver atrás

Díaz Riva, Elisa-Susana-Agustina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Exiliada

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 22/08/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México

Biografía

Profesora, 21 anos. Casada en Madrid o día 06/03/1937 polo civil co profesor e político Laureano Poza Juncal; tiveron un fillo e dúas fillas: Joaquín, Elisa-Vitoria e Pilar (os tres naceron no exilio). Veciños de Pontevedra. Licenciada en Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1934. Profesora axudante de clases prácticas de Física Experimental na USC en 1934 e 1935 e, despois, foi profesora axudante interina do Instituto de Santiago de Compostela. Co tempo gañou unha praza por oposición no Instituto de Segunda Ensinanza Pi i Margall de Barcelona, que non exerceu pois recalou no Instituto de Badalona (Barcelona).

O seu home foi dirixente da Federación Universitaria Escolar (FUE), socio do Centro Republicano de Pontevedra, militante de Acción Republicana (AR) e logo de Esquerda Republicana (ER).

Depurada. Exiliada.

Despois do golpe militar Laureano e Elisa remataron depurados e separados do seu posto de traballo como profesores e exiliáronse en México, onde exerceron labores educativas.

Coa axuda do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) embarcaron no Ipanema e chegaron a Veracruz (México) o día 07/07/1939; país no que pasaron o resto da súa vida.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha