← Volver atrás

Poza Juncal, Laureano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

Pontevedra
- 15/02/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 31/01/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, practicante e político, 27 anos. Casado o día 06/03/1937 en Madrid coa tamén profesora Elisa-Susana-Agustina Díaz Riva; tiveron un fillo e dúas fillas: Joaquín, Elisa-Vitoria e Pilar (os tres naceron no exilio). Veciños de Pontevedra. Fillo de Joaquín Poza Cobas e de Pilar Juncal Verdulla. Irmán de Pilar Poza Juncal, depurada; César Poza Juncal, procesado; Joaquín Poza Juncal (+1934), e Hernán Poza Juncal, tamén exiliado. Estudou Químicas en Oviedo (Principado de Asturias) cun expediente excepcional. Profesor de Química Industrial Orgánica e Análise Químico na Escola Industrial de Vigo (Pontevedra) e no instituto desta cidade.

Militante da UXT en Vigo.

Dirixente da Federación Universitaria Escolar (FUE). Socio do Centro Republicano de Pontevedra. Militante de Acción Republicana (AR) e logo de Esquerda Republicana (ER). Participou nos mitins da campaña electoral de febreiro de 1936.

Pertencía á masonería.

Depurado. Exiliado.

Ao producirse o golpe de Estado incorporouse ao 5º Rexemento de Milicias en Madrid. Despois foi tenente na 1ª División do Exército do Centro. Desenvolveu distintos cargos administrativos para o Goberno da República.

Despois do golpe militar Laureano e Elisa acabaron depurados dos seus postos de traballo como profesores e exiliáronse en México, onde exerceron labores educativas na universidade.

O día 09/02/1939 cruzaron a fronteira cara Francia e internárono no campo de concentración de Saint Cyprien; coa axuda do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) embarcaron o 12/06/1939 no vapor Ipanema e chegaron a Veracruz (México) o día 07/07/1939.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Tamén o procesafron en 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha