← Volver atrás

Poza Juncal, Hernán

Alcume: Xan Calqueira
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Pontevedra
- 06/06/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Nova York
(Estados Unidos)
- 01/01/1967 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, pedagogo e xornalista, 33 anos. Casado en 1927 en Lalín (Pontevedra) con Carmen Fernández García. Veciños de Pontevedra. Fillo de Joaquín Poza Cobas e de Pilar Juncal Verdulla. Irmán de Pilar Poza Juncal, depurada; César Poza Juncal, procesado; Joaquín Poza Juncal (+1934), e Laureano Poza Juncal, exiliado. Director da Escola Hospital-Asilo de Lalín de 1924 a 1929, data na que se pechou polo seu elevado custo. Profesor da Escola Normal de Mestres de Barcelona e director da Escola de Maxisterio de Pontevedra.

Colaborou na revista compostelá Universitarios.

Membro da Federación Universitaria Escolar (FUE). Socio do Centro Republicano de Pontevedra, do que acadou a presidencia.

Encarcerado. Exiliado.

Despois do golpe rebelde ingresou na cadea, da que consegue saír pola mediación das súas amizades.

Marchou a Portugal e logo aos Estados Unidos, onde se exilia; alí exerceu de profesor, correspondente de prensa e comentarista de radio; desde 1943 profesor do Brooklyn College en Nova York.

Tamén se desenvolveu como escritor, asinando co alcume de Xan Calqueira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha