← Volver atrás

Díaz Rozas, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Sancionado. Depurado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 02/03/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, pedagogo e escritor, 42 anos. Casado coa tamén inspectora de educación Cristina Pol García. Veciños da rúa Federico Tapia, na Casa Barrié da Coruña. Estudou Maxisterio na Coruña e en Madrid. En 1921 era inspector-xefe de Educación Primaria na provincia da Coruña.

Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja afastárono do seu cargo e enviárono a Huelva por mor das súas ideas republicanas.

Durante a II República regresou á Coruña, relacionándose con persoas da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), co Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e cos galeguistas.

En 1934 dirixía a Sección de Pedagoxía do Seminario de Estudos Galegos (SEG), defendendo a galeguización lingüística escolar. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Foi un dos promotores en 1933 das Misións Pedagóxicas na Coruña e Pontevedra.

Fuxido. Sancionado. Depurado.

Manuel figura, entre outras persoas, nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se manifesta: “Entre los elementos afectos al Frente Popular que no han sido detenidos por considerárseles personas de orden dentro de su ideología, pero que pudieran tal vez cooperar a la alteración del orden público, figuran los siguientes...”.

Castigado aos comezos da guerra civil co traslado a Ávila coa súa dona, sen poder exercer cargos directivos dentro da inspección. Apartado definitivamente da inspección o 17/02/1937; ata os anos cincuenta non puido reincorporarse.

Tamén o procesaron no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo no ano 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha