Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 32 anos. Casou con Dolores Buceta Bello; tiveron tres fillos. Mariñeiro mercante no Cabo San Agustín, buque de trasporte de material bélico e subministracións para a República. Irmán de Ramón Diz Rivas, morto no campo de concentración de Gusen (Austria). Ao seu tío paterno, Manuel Diz Rubianes, presidente do Sindicato do Transporte Marítimo de Vilagarcía de Arousa, executárono os franquistas o día 15/08/1936.
Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.
Cando comeza a contenda española estaba en Barcelona e o seu barco requisouno a República. Armado o dito barco, adicárono ao movemento de mercancías desde portos soviéticos.
No ano 1938 os rusos deciden incautarse do barco e aos tripulantes acolléronos de boa gana ata o ano 1941 en que todo mudou. As purgas stalinistas afectaron aos mariños españois, que ao non aceptar a nacionalidade rusa foron confinados en gulags.
A José encadeárono de 1941 a 1948 nun gulag en Karagandá (Kazajistán) e morreu en Odessa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.