← Volver atrás

Diz Rivas, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

A Lagoa, Vilaxoán. San Martiño de Fóra de Sobrán, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 15/10/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 27/01/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro fogueiro, 38 anos. Casou en Erandio (Biscaia) con Concepción Eizaguirre Rementería; tiveron dous fillos: José-Ramón e Luis. No ano 1921 trasladárase a Erandio. Irmán de José Diz Rivas, morto en Odessa (Ucraína). Ao seu tío paterno, Manuel Diz Rubianes, presidente do Sindicato do Transporte Marítimo de Vilagarcía de Arousa, executárono os franquistas o día 15/08/1936. Mariñeiro na mercante.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

En maio de 1937 evacuárono de Bilbao cara Francia, seguramente sen a súa familia. No ano 1939 confinárono en Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e en Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia); o día 06/04/1939 trasladárono a Gurs (Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia), preto do País Vasco, con outros 1379 presos e de onde os desaloxaron en xullo de 1939.

Prendérono os alemáns na II Guerra Mundial e ingresárono no campo de Angulema (Charente, Nova Aquitania, Francia); este campo abandonárono o día 20/08/1940 e trasladáronos en tren ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria) nunha viaxe de catro días. Enviárono, xa moi debilitado, ao sub-campo de Gusen o día 21/01/1941, onde se rexistra a súa morte aos seis días por mor dunha pleurite

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha