← Volver atrás

Domínguez Lamela, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Exiliado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Palma Soriano
(Cuba)
- 23/12/1954 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empresario e político. Casou en Cuba e tivo un fillo e dúas fillas: Jaime, Blanca e Dulce-María. Emigrou a Cuba, onde foi director e propietario da Central Eléctrica de Palma Soriano. Veciños da rúa Gregorio Hernández, 168-2º, na Coruña. Volveu á Coruña no ano 1924 e adicouse á promoción urbanística: era propietario do edifico das oficinas de Electra Popular Coruñesa, de José Miñones Bernárdez, da que era vogal no seu Consello de Administración.

En marzo de 1936 era vicepresidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana. Socio do Casino Republicano coruñés e un dos fundadores de Alianza Republicana (AR) en maio de 1931. Afiliouse ao Partido Republicano Radical (PRR) e despois integrouse no Partido Republicano Radical Demócrata (PRRD) constituído en xuño de 1934, sendo vogal da directiva. En agosto de 1935 pasou a ser vogal da directiva de Unión Republicana (UR).

Vicepresidente da loxa masónica Pensamiento y Acción nº 11. Xa era masón en Cuba.

Encarcerado. Sancionado. Exiliado.

Cando se produce o golpe de Estado acusárono de masón e prendeuno a policía e a milicia armada Caballeros de La Coruña na noite do día 24/08/1936, pasando a arresto domiciliario o día 29 do mesmo mes. Fixo unha doazón de 500 pesetas para que o autorizaran a saír de España, pero non foi suficiente.

O día 07/10/1936 castigárono cunha multa de 2500 pesetas e, nese mes, puido exiliarse en Cuba.

Sometido a expediente de responsabilidades políticas en 1941, tamén o procesou o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Casou en Cuba; tiveron un fillo e dúas fillas: Jaime, Blanca e Dulce-María.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha