Nacemento:
Morte:
Tiña 22 anos. Solteiro. Veciño de Betanzos. Mariño da Armada, mariñeiro pola súa quinta. No censo de 1935 aparece como veciño da rúa Marina, 51, en Betanzos, onde vive cos pais e cinco irmáns.
Militante do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT.
Paseado.
Edreira achábase en Betanzos nos días en que se produce o golpe militar e debeu de participar na resistencia aos rebeldes.
Estaba na casa de “franco de ría” cando o prenderon, na noite do 12 ao 13/08/1936, en Betanzos e paseárono nesa madrugada nun monte da Reborica, xunto cos tamén betanceiros Antonio Maceiras Amor e Antonio López Pérez.
No Rexistro Civil de Aranga non figura ningún dos tres.
Esa noite buscárao na súa casa a Garda Civil e uns milicianos; ao día seguinte a nai acudiu ao cuartel e dixéronlle que o fillo xa non se atopaba alí. A familia buscouno e remataron por dar con el na Reborica, que ao parecer tiña o corpo intacto (semella unha enganadiza para tranquilizar a súa nai e familia) e os outros dous estaban comestos das bestas. Una testemuña mantén que apareceu coas súas partes na boca.
Paseado en Guitiriz segundo declara o seu pai no proceso militar por deserción (realmente o feito semella que tivo lugar na Reborica, San Paio de Aranga). Non se admite a testemuña do seu pai e declarárono fuxido e en rebeldía.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.