← Volver atrás

Maceiras Amor, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Reborica, San Paio de Aranga, Aranga
(A Coruña)
- 13/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 20 anos. Veciño rúa da Cañota, 10, en Betanzos (A Coruña). O maior de cinco irmáns.

Afiliado ao Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT.

Paseado.

Segundo a testemuña de Jesús Lavandeira Pérez, o Ladrillo, Antonio combateu contra os franquistas nas barricadas da Ponte Nova, onde esquecera unha prenda que o delataría con posterioridade e prenderíano os represores.

Paseado nun monte da Reborica, xunto cos tamén betanceiros José Edreira Seoane e Antonio López Pérez.

No Rexistro Civil de Aranga non aparece ningún dos tres. A familia de Edreira buscouno, remataron por dar con eles e acháranos comestos dos cans e de aves carroñeiras. Una testemuña mantén que Edreira apareceu coas súas partes na boca.

Segundo o folleto Betanzos honra a sus mártires, os corpos non os soterraran e os cans e as aves de presa remataron cos seus restos. Os seus irmáns nunca souberon onde o asasinaran e fálase de tres persoas e non de dúas. O mesmo cre a irmá de Edreira; isto puxo sobre a pista de Antonio López Pérez, o Bergeiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha