← Volver atrás

Fentanes Bugallo, Dolores

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co chofer e político José Pintos Quinteiro; tiñan dúas fillas: Jesusa e Dolores. Veciños de Pontevedra.

Exiliada.

O seu home estaba afiliado ao PSOE en 1931 e era un dos seus principais líderes pontevedreses; vicepresidente da Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra, dirixente da Fronte Popular (FP). José tivo unha participación destacada no Comité de Defensa da República, que se organizou no Goberno Civil de Pontevedra e participou na requisa de coches e armas seguindo as ordes das autoridades legais.

A José paseárono en Pontevedra o día 27/08/1936; a súa morte rexistrouse en Pontevedra por mor de ferida de arma de fogo no cranio e xustificouse, como non, pola aplicación da Lei de Fugas.

Dolores e as dúas fillas marcharon para a República Arxentina no ano 1938.

Segundo outras fontes o seu primeiro apelido era Fontanes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha