← Volver atrás

Pintos Quinteiro, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

San Xurxo de Sacos, Cotobade
(Pontevedra)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 27/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e político, 38 anos. Casado con Dolores Fentanes Bugallo; tiñan dúas fillas: Jesusa e Dolores. Veciños de Pontevedra, na Pensión de Sá. Fora radiotelegrafista na Guerra de Marrocos.

Militante do PSOE desde o ano 1931, era un dos seus principais líderes pontevedreses, vicepresidente da Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra en xuño de 1936. Dirixente da Fronte Popular (FP).

Fuxido. Paseado.

Tivo unha participación destacada no Comité de Defensa da República organizado no Goberno Civil de Pontevedra. Participou na requisa de coches e armas seguindo as ordes das autoridades legais.

Cando os militares saíron á rúa refuxiouse no barrio da Moureira, na rúa San Guillerme da cidade pontevedresa, nunha casa propiedade de Benito Lago Currás, Benito do Borrón, Benito o Maricón, tratante de animais; axentes de policía rexistraron varias veces a casa sen resultados.

O día 25 de agosto escapou nun taxi cara o seu domicilio en San Xurxo de Sacos, Cotobade. Detido no seu domicilio de Sacos ás 21:00 h do día 26 de agosto por dous gardas civís e un garda cívico de Cerdedo.

Asasinado o día 27 en Pontevedra; dous gardas civís entregaron o seu cadaleito na media noite dese mesmo día no cemiterio de San Amaro pontevedrés.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor de ferida de arma de fogo no cranio.

A súa morte xustificouse, como non, pola aplicación da Lei de Fugas e a causa 770/36 aberta polo seu pasamento “de xeito sorprendente” rematou sobresida o día 29 seguinte; o auditor do proceso informa que “a parella (da Garda Civil) obrou sen extralimitación ningunha, cumprindo estritamente co seu deber”.

A súa viúva e as dúas fillas marcharon para a República Arxentina no ano 1938.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e condenárono a unha multa de 150 pesetas no ano 1940. Indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha