← Volver atrás

Fernández Armesto, José

Alcume: Doctor
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bóveda
(Lugo)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel, 19 anos. Solteiro. Veciño da rúa Camiño de Friás, en Lugo.

Vicesecretario da CNT de Lugo no ano 1936.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 31/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1198/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Antonio Álvarez Fernández, Fernando de Benito Lázaro, Francisco García Callalta, José López Rodríguez (conmutada pola de cadea perpetua), Manuel Prendes Miranda e Manuel Rodríguez Castro; cadea perpetua para: Ramón Boelle Otero, Ángel Clemente Gayoso, Jesús Díaz López, José Fernández Armesto, Ángel Neira Fernández, Eduardo Romay Mato, Florentino Romay Teijeiro e Gaspar Sanz Fernández; a 15 anos castigaron a Hermelinda Páramo Ventosinos; 12 anos de cadea para Román Lugilde Picos; sentenza de absolución para José Pena Ferreiro, e declararon fuxidos a: José Caridad e Joaquín Veloso Pobos.

Pena conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada en 1940.

Semella que marchou para loitar en Rusia, integrado na División Azul.

Preso nun gulag ata 1954, ano no que o repatriaron a España no Semíramis.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha