← Volver atrás

Páramo Ventosinos, Hermelinda

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

O Corgo
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Traballo na casa, 24 anos. Casada. Veciña do Corgo.

Encarcerada.

Ingresada na Prisión Provincial de Lugo o día 14/01/1937.

Xulgada en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1198/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Condenaron á pena de morte a: Antonio Álvarez Fernández, Fernando de Benito Lázaro, Francisco García Callalta, José López Rodríguez (conmutada pola de cadea perpetua), Manuel Prendes Miranda e Manuel Rodríguez Castro; cadea perpetua para: Ramón Boelle Otero, Ángel Clemente Gayoso, Jesús Díaz López, José Fernández Armesto, Ángel Neira Fernández, Eduardo Romay Mato, Florentino Romay Teijeiro e Gaspar Sanz Fernández; a 15 anos castigaron a Hermelinda Páramo Ventosinos; 12 anos de cadea para Román Lugilde Picos; sentenza de absolución para José Pena Ferreiro, e declararon fuxidos a: José Caridad e Joaquín Veloso Pobos.

Acusada, entre outras cousas, de acompañar unha partida armada que atacara un coche de falanxistas.

Trasladárona ao cárcere de mulleres de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa) o día 20/02/1938.

Castigada por intercambiar cartas co seu home, tamén preso, probablemente para evitar discrepancias entre as súas declaracións nos interrogatorios.

Pena ordinaria conmutada, con posterioridade, na comisión de exame de penas de Lugo pola de seis meses e un día de cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha