Nacemento:
Morte:
Garda Civil. Veciño de Chantada (Lugo). Brigada da Garda Civil.
Represor.
José-Luis Castro Veiga, o Piloto, membro destacado do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), despois de varios anos agochado, reaparece na zona chantadina no ano 1964, onde o recoñeceu un antigo compañeiro do servizo militar, veciño do Saviñao (Lugo), na feira de Chantada en marzo de 1965, quen o denunciou ás autoridades.
O día 10/03/1965 ao Piloto seguírono despois da denuncia e emboscárono preto do encoro de Belesar, en Chantada, onde o abateu de catro balazos a Garda Civil desta localidade cando parara para almorzar. O guerrilleiro levaba na loita antifranquista 26 anos, aínda que desde xuño de 1949 a súa existencia foi a de "topo".
Neste operativo contra o Piloto participou o brigada da Garda Civil na reserva, Ángel Fernández Blanco, Angelito, destinado nas instalacións de Fenosa con ese único obxectivo de cazalo. Fernández Blanco xa se encargara do desmantelamento do grupo de Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.