← Volver atrás

Fernández Cardoso, Rafael

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Andalucía
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

República Arxentina
- 01/01/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Dentista e político, 52 anos. Casado con Blanca Quiroga Martínez, procesada o día 06/08/1936 por orde do Comandante Militar de Ribadeo por “implicación no alzamento en armas contra as forzas do Exército”, logo fuxida. Veciños de Ribadeo (Lugo). Rafael chegou a Ribadeo nos anos vinte e exerceu de dentista.

Masón da loxa Lucus nº 5.

Presidente da Agrupación Local do Partido Republicano Radical (PRR), elixírono concelleiro e logo alcalde de Ribadeo o día 05/06/1931 en coalición co PSOE. Militou no Partido Republicano Radical (PRR) e presidiu o Club Republicano Radical de Ribadeo; despois da desfeita deste partido, no ano 1934 pasouse a Unión Republicana (UR) da que foi presidente do Comité Local.

Durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 suspendérono no seu cargo co resto da corporación e reincorporouse como alcalde no ano 1936 pola coalición da Fronte Popular (FP).

Fuxido. Exiliado.

Despois do golpe de Estado foxe coa súa dona cara o Principado de Asturias e exiliáronse, despois, na República Arxentina.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 301/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 26/08/1937. Neste proceso enxuizaron a varios veciños de Barreiros e Ribadeo.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a Antonio García Fernández e a cadea perpetua a José Gómez Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Rafael Fernández Cardoso, César Margolles de la Vega, Claudio Pérez Prieto e Manuel Pérez Prieto.

Procesárono por responsabilidades políticas en Lugo e indultado no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha