← Volver atrás

Pérez Prieto, Claudio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Sancionado

Nacemento:

A Habana
(Cuba)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ribadeo
(Lugo)
- 27/02/1977 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Farmacéutico e político, 29 anos. Veciño de Ribadeo. Irmán de Manuel Pérez Prieto, médico e encarcerado. Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e despois abriu unha botica en Ribadeo.

Na súa etapa de estudante foi dirixente da Federación Universitaria Escolar (FUE) na facultade de Farmacia.

Afiliado ao Partido Galeguista (PG), era secretario do grupo galeguista en Ribadeo no ano 1935. Presidente de honra da Irmandade Galega.

Foi presidente do coro Cántigas da Mariña.

Fuxido. Exiliado. Sancionado.

Cando se produce a sublevación militar integrouse no Comité de Defensa da República e, cando os rebeldes tomaron Ribadeo, agochouse na casa duns parentes en San Xoán de Ove, Ribadeo. Descubrírono os falanxistas da súa localidade e escondeuse nun zulo na casa doutros familiares en Lourido, Santalla de Vilausende, Ribadeo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 301/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 26/08/1937. Neste proceso enxuizaron a varios veciños de Barreiros e Ribadeo.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a Antonio García Fernández e a cadea perpetua a José Gómez Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Rafael Fernández Cardoso, César Margolles de la Vega, Claudio Pérez Prieto e Manuel Pérez Prieto.

No ano 1939 consegue pasar a Portugal e, desde Porto, embarcou para Porto Rico, rematando nos Estados Unidos.

O día 09/02/1941 sancionouno o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña con dez anos de inhabilitación especial e multa de 3000 pesetas; embargáronlle todos os seus bens.

Regresou do exilio nos anos cincuenta e seguiu colaborando co nacionalismo na clandestinidade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha