← Volver atrás

Fernández Fernández, José

Alcume: Paisano
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ourol
(Lugo)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 09/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 23 anos. Casado. Veciño de Santiago de Bravos, Ourol.

Militante do PSOE.

Executado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 07/06/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1386/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Procedemento contra varios veciños de Ourol.

Condenaron á pena de morte a José Fernández Fernández (xulgado en varias causas); cadea perpetua para Francisco López Gil; pena de 15 anos para Marcial Cobo Porto e de 12 anos para Jesús García Durán.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 354/37, co resultado de sentenza á pena de morte. Xuízo contra varios veciños de Ourol.

A sentenza deste xuízo condenou á pena de morte a José Fernández Fernández; 20 anos de prisión para Antonio-María Ocampo Rivera; a 12 anos castigaron a: José Ben Romero, Eugenio-Benigno Cal Aguirre e Antonio Vidal López; condenaron a prisión temporal a José Temblás Paz. O auto decretou a absolución para: Luis Ocampo Piñeiro e Manuel Osorio.

Fusilado en Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha