← Volver atrás

Fernández López, María-Elvira

Alcume: Maruxa Seoane
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

A Coruña
- 24/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 25/03/2003 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 24 anos. Tiña o domicilio na rúa San Andrés, na Coruña; eran seis irmáns. Irmá do médico Manuel Fernández López, fusilado o día 11/07/1937. Desde moi nova coñece a Luis Seoane López, do que era curmán e do que se namora. O seu pai, representante de viños, morre no ano 1931. Fixo estudos mercantís na capital herculina.

Maruxa ingresa no Partido Galeguista (PG) convencida por Luis Seoane e cando este xa exercía de avogado na Coruña.

Exiliada.

Cando se produce o golpe rebelde Luis Seoane quere ir na defensa do Goberno Civil; un coñecido, no Café Galicia, indícalle que o andan a buscar e agóchase en Montrove, na casa de Emilio, irmán de Maruxa. A mediados de setembro consegue marchar de Lisboa cara Bos Aires (República Arxentina). Viaxa no Monte Rosa.

Maruxa marcha cos pais de Luis en marzo de 1937, tamén desde Lisboa, despois de que casaran por poderes.

No ano 1996 creo na Coruña a Fundación Luis Seoane.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha