← Volver atrás

Fernández Turnes, Sebastián

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

San Roque, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 24/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 22 anos. Veciño de Pontevedra.

Era delincuente común de pequenos roubos.

Encarcerado. Paseado.

O día 09/08/1936, cando se atopaba na cadea por roubo, berrou e insultou a uns mariñeiros da Escola Naval de Marín (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 21/08/1936, por inxurias ao Exército e auxilio á rebelión co resultado de sentenza a seis anos de prisión menor.

Morte rexistrada a causa de disparos nun traslado da Prisión Provincial de Pontevedra ao cárcere de Caldas de Reis por ser un alborotador na cadea provincial.

A Sebastián trasladouno o garda civil Domiciano Peláez e o alférez cívico Víctor Lis Quibén; empregaron como desculpa para xustificar o seu asasinato a consabida avaría do coche no que o levaban e o seu consecuente intento de fuga.

Morreu a consecuencia dos disparos en aplicación da Lei de Fugas. Chama a atención a “boa puntería” dos tiros efectuados que afectaron a órganos vitais en todo caso.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha