← Volver atrás

Fernández Vázquez, Balbino

Alcume: Noé
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/04/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e político, 22 anos. Casado con María-Teresa Rosende Queiruga; tiveron un fillo e dúas fillas: Juan, María-Balbina e María-Francisca. Veciños da Pobra do Caramiñal. Era o irmán máis novo de José-Fernando Fernández Vázquez, tamén encarcerado.

Dirixente da Casa do Pobo da Pobra do Caramiñal.

Fuxido. Encarcerado.

Co golpe militar foxe e agóchase na serra do Barbanza, onde permanece co seu irmán e un grupo de homes armados. Permaneceu agochado ata que o detiveron os represores.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 380/40, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

No dito procedemento condenaron a cadea perpetua a Severino Pérez; penas de 20 anos de cadea para: Balbino Fernández Vázquez, Enrique Muñiz Santiago e Ramón Noceda García; 15 anos de prisión para: Francisco Santiago Redondo e Manuel Sobrido Rodríguez; penas de 12 anos a: Eugenio Creo Pérez, José Fidalgo Triñanes, Anselmo Miranda Dávila, Ramón Pérez Rodríguez e Eduardo Rosende Queiruga; o auto declarou fuxidos a: José Fernández, Marcial Fernández Naveiro e Santiago Rodríguez Casais. Tamén procesaron a Antonio Regades Riveiro.

Interno na Prisión do Partido de Santiago de Compostela, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 210 do día 29/07/1941.

Instalouse na Coruña, onde foi inspector dunha compañía de seguros.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha