← Volver atrás

Rodríguez Casais, Santiago

Alcume: Cachuco
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

O Colo da Arca, Santa Cruz de Lesón, A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 01/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciño da Pobra do Caramiñal. Irmán de Antonio Rodríguez Casais, fusilado.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 380/40, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No dito procedemento condenaron a cadea perpetua a Severino Pérez; penas de 20 anos de cadea para: Balbino Fernández Vázquez, Enrique Muñiz Santiago e Ramón Noceda García; 15 anos de prisión para: Francisco Santiago Redondo e Manuel Sobrido Rodríguez; penas de 12 anos a: Eugenio Creo Pérez, José Fidalgo Triñanes, Anselmo Miranda Dávila, Ramón Pérez Rodríguez e Eduardo Rosende Queiruga; o auto declarou fuxidos a: José Fernández, Marcial Fernández Naveiro e Santiago Rodríguez Casais. Tamén procesaron a Antonio Regades Riveiro.

Foxe ao monte e morre no ano 1937 ao ser tiroteado pola forza pública franquista no lugar do Colo da Arca, Camiño Ancho (antiga estrada da Pobra do Caramiñal-Porto do Son).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha