← Volver atrás

Fernández Vences, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Ourense

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre. Casado con Elena Ferreiro Seguín, encarcerada; tiveron un fillo. Veciños de San Bartolomeu de Bresmaus, Sarreaus (Ourense). Curmán de Carmen Fernández Seguín, encarcerada.

Militante do PCE, presidente da Sociedade Labrega Local e membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO) en Sarreaus. Apoderado das esquerdas nas eleccións de febreiro de 1936, sendo concelleiro de Sarreaus pola Fronte Popular (FP).

Fuxido. Depurado. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado foxe a Portugal, onde o vixiaban as autoridades portuguesas ata que o encarceraron na prisión de Melgaço, da que foxe en novembro de 1938.

Depurárono e perdeu a súa praza de mestre e inhabilitárono de xeito definitivo o 08/04/1940.

No ano 1942 existía unha orde de captura contra el, que emitira o Xulgado Militar Permanente de Fuxidos de Ourense.

Permaneceu agochado e perseguido durante unha ducia de anos pola Garda Civil e os falanxistas, ferírono en dúas ocasións; converteuse nun dos fuxidos máis buscados da Limia ourensá.

O día 20/09/1948 prendeuno a brigadilla da Garda Civil de Xinzo en San Paio de Abades, Baltar (Ourense), onde residía e onde os veciños lle estaban moi agradecidos por desenvolverse como ensinante.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 499/48.

Anos máis tarde reincorporouse ao seu posto de mestre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha