Nacemento:
Morte:
Chofer e político, 27 anos. Casou con María Rodríguez González; tiveron dúas fillas: María-Elena e Adelina. Veciños do Porriño. Fillo de José Francés González e de Orícera Carpintero Pereiro, que tiveran oito fillos. Aos seus irmáns José Francés Carpintero, fusilárono, e a Eleazar Francés Carpintero, paseárono con Antonio; á súa irmá Asunción Francés Carpintero, condenárona a 15 anos de cadea e a Eladio Francés Carpintero, a cadea perpetua. Traballaba como chofer dunha empresa avícola.
Militante da Agrupación Socialista (AS) da súa localidade de residencia.
Paseado.
Detido polos sublevados pouco despois da revolta militar.
Xulgado na causa 574/36, o xuíz instrutor do seu caso decidiu mantelo na cadea a espera de testemuñas que puidera empregar na súa contra.
O día 21 de setembro un grupo de falanxistas sacouno da súa cela e, xunto co seu irmán Eleazar e outros tres presos, metéronos nun carro e asasináronos coa connivencia das autoridades franquistas.
Morte rexistrada no monte Salgueiró, no Alto da Tebra, por mor de disparos de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu en San Salvador de Sobrada, Tomiño.
No mesmo lugar e data asasinaron a: Antonio Francés Carpintero, político; Eleazar Francés Carpintero, político; José Groba Domínguez; José Groba Rodríguez e José Rocha, o Portugués.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.