Nacemento:
Morte:
Político, 24 anos. Casou con Loreto Pereiro Pérez; tiveron un fillo: Eleazar. Veciños do Porriño. Aos seus irmáns José Francés Carpintero, fusilárono, e a Antonio Francés Carpintero, paseárono con Eleazar; á súa irmá Asunción Francés Carpintero, condenárona a 15 anos de cadea, e a Eladio Francés Carpintero, a cadea perpetua.
Militante da Agrupación Socialista (AS) da súa localidade de residencia. Vicepresidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) da súa vila en xullo de 1932.
Paseado.
O día 21 de setembro un grupo de falanxistas sacouno da súa casa e, xunto co seu irmán Antonio e outros tres presos, metéronos nun carro e asasináronos coa connivencia das autoridades franquistas.
Morte rexistrada no Monte Salgueiró, no Alto da Tebra, a causa de disparos de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu en San Salvador de Sobrada, Tomiño.
No mesmo lugar e data asasinaron a: Antonio Francés Carpintero, político; Eleazar Francés Carpintero, político; José Groba Domínguez; José Groba Rodríguez e José Rocha, o Portugués.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.