← Volver atrás

Freijanes Malingre, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Ourense
(Ourense)
- 11/11/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
(Ourense)
- 15/01/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico pediatra, 36 anos. Casou en 1929 coa tamén médica María-Paz Parada Pumar; tiveron oito fillos. Veciños de Ourense. Irmán de Luis Freijanes Malingre, encarcerado e morto na cadea. Estudou Medicina na Universidade de Madrid licenciándose no ano 1921. Aprobou a oposición ao Corpo Médico de Sanidade Nacional en 1925, especialidades de puericultura e epidemioloxía. Xefe de Sanidade Guadalaxara (1928), Lleida (1929) e en Lugo (de 1932 a 1938).

Depurado.

Era xefe de Sanidade na cidade luguesa no ano 1938, ano no que lle abriron un expediente de depuración, suspendérono de emprego e soldo durante seis meses e desterrárono a Astorga (León) ata o ano 1941 por ser de ideas de esquerdas.

Regresou a Ourense en 1941 e foi xefe provincial de Sanidade en Ourense de 1957 a 1969, ano no que se xubila.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha