← Volver atrás

Freijanes Malingre, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Ourense
- 29/05/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Oviedo
(Principado de Asturias)
- 19/06/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, 35 anos. Veciño de Tineo (Principado de Asturias). Irmán de Julio Freijanes Malingre, depurado. Oficial de Telégrafos.

Membro da UXT de Tineo desde 1933. No ano 1933 participou na constitución da Agrupación Socialista (AS) de Tineo e, en agosto de 1937, era o presidente do Comité Comarcal Socialista de Llanes (Principado de Asturias).

Encarcerado. Morte na cadea.

Durante a guerra civil foi presidente da Fronte Popular (FP) na súa localidade de residencia.

Cando se produce a caída da Fronte Norte, en outubro de 1937, pasou a Cataluña.

Ao remate da contenda exiliouse en Burdeos (Francia) e solicitou marchar a México.

Regresou a España, detivérono os fascistas en Irún (Guipúscoa) e trasladárono ao cárcere de Oviedo, na que o internaron o día 01/04/1941.

Xulgado en consello de guerra en Oviedo co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena conmutada pola de cadea perpetua.

O día 12/06/1941 trasladárono da cadea ao Hospital Provincial de Oviedo, onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha