← Volver atrás

Fuciños Gayoso, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 28/03/1955 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político. Veciño da Coruña. Capitán da arma de Intendencia e destino na Comandancia de Obras da VIII División Orgánica.

Golpista. Represor.

Ao producirse o golpe de Estado, deteñen a Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da Coruña.

Suárez Ferrín, o día 21/07/1936, asistiu á toma de posesión do alcalde que nomearan os rebeldes, o capitán José Fuciños Gayoso. A Alfredo Suárez préndeno de novo horas despois e execútano nos seguintes días.

Fuciños Gayoso, alcalde da Coruña de xullo de 1936 a febreiro de 1937, converteuse no primeiro alcalde da cidade da época franquista e acusárono de participar activamente na represión. Depurou aos funcionarios do Concello da Coruña que traballaran durante a II República.

O 15 de febreiro de 1937 substituírono á fronte da alcaldía por Hernán Martín-Barbadillo Pául, cando o destinaron como xefe dos Servizos de Intendencia e Forzas na fronte de operacións da provincia de León. Martín-Barbadillo, auditor de brigada, toma posesión o día 15 seguinte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha