Nacemento:
Morte:
Carpinteiro e xornaleiro, 25 anos. Solteiro. Veciño da rúa Magdalena, 16, en Betanzos, cos pais e catro irmás; os seus irmáns Antonio e Luis xa vivían emancipados. Os tres irmáns varóns formaron parte da banda municipal. Irmán de Luis Fuentes Velo, tamén da CNT.
Dirixente do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT, do que se lle atribuía ser presidente en 1936, aínda que non consta que isto fora certo.
Executado.
A Tomás Fuentes e a Julio Sas Barros detivéronos na estrada Betanzos-Ferrol con armas coas que seica atacaran ás forzas armadas. Acusáronos de “oposición a las fuerzas armadas”.
Morte rexistrada no cemiterio de Canido, pasado polas armas, polo suposto delito de tenencia de armas e na aplicación do artigo 4 dos bandos militares.
Executado sen formación de causa; fusilado por un piquete do Rexemento de Infantería Mérida nº 35 no cemiterio de Canido. Asasinado co tamén anarcosindicalista Julio Sas Barros, da CNT de Betanzos
Tomás e Julio remataron por ser os primeiros executados polos represores en Ferrol e as dúas primeiras vítimas betanceiras.
Soterrárono no cemiterio de Canido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.