← Volver atrás

Sas Barros, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barrio de Canido, Ferrol
(A Coruña)
- 26/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 28 anos. Solteiro. Veciño da 3ª Travesía de Santa María, 11-1º, en Betanzos.

Dirixente do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT. No folleto Betanzos honra a sus mártires indícase que era secretario do sindicato, cousa que non consta pois tal cargo desenvolvérono Antonio Darriba Otero, Aurelio Castillo e José Sánchez Matas, o Pintavacas, entre 1931 e 1936. A Tomás Fuentes Velo tamén se lle atribúe, de xeito errado, o cargo de presidente.

Executado.

Os fascistas acusárono de “oposición a las fuerzas armadas”.

A Tomás Fuentes Velo e a Julio Sas Barros detivéronos na saída da estrada Betanzos-Ferrol con armas coas que seica agrediran ás forzas armadas. Aplicóuselles a pena de morte sen xuízo ao atopárselle as armas, coas que seguro fuxirían ao caer Betanzos nas mans dos rebeldes.

Morte rexistrada no cemiterio de Canido ao ser pasado polas armas polo suposto delito de tenencia de armas. Asasinados sen formación de causa.

Fusilado por un piquete do Rexemento de Infantería Mérida nº 35, en aplicación do artigo 4 dos bandos militares, co anarcosindicalista Tomás Fuentes Velo, tamén da CNT de Betanzos.

Soterrárono no cemiterio de Canido.

Tomás e Julio serían os primeiros executados polos represores en Ferrol e as dúas primeiras vítimas betanceiras.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha