Nacemento:
Morte:
Contable e político, 19 anos. Veciño da Coruña. Alumno na Coruña de Ángel Casal, que impartía clases en galego; era o seu alumno máis destacado. Perito mercantil pola Escola Profesional de Comercio da Coruña. Traballou no departamento de contabilidade de xabóns La Toja.
Secretario de organización e, logo, presidente das Mocidades Galeguistas na Coruña, vencellado ao Partido Galeguista (PG). Participou na creación do Club del Mar, sendo dirixente en 1935.
Membro das Irmandades da Fala. Colaborador do voceiro A Nosa Terra.
Paseado.
Cando se produce o golpe militar rechazou a oportunidade que lle deu o seu pai de fuxir a Estados Unidos, seguiu a facer vida normal e comezou os estudos de Dereito. Prendérono os fascistas o día 10/09/1936, na rúa Bailén, na Coruña, cando paseaba coa súa moza. Ingresárono na Prisión Provincial da Coruña e despois levárono ao cuartel da policía na rúa do Orzán; seis días despois apareceu morto nunha cuneta.
Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.
O seu cadáver, xunto cos de Manuel Andrade Deibe, José-Manuel Álvarez Álvarez e Joaquín Iglesias Cabana, apareceron nun túnel do ferrocarril A Coruña-Santiago de Compostela na Corbeira, Culleredo.
No proceso que se iniciou por estes asasinatos non se chegou a determinar aos autores e o caso resolveuse cunha sentenza de sobresemento.
Soterrárono o día 16 de setembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José-Manuel Álvarez Álvarez e Joaquín Iglesias Cabana. Trasladado a un nicho en xuño de 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.